Skip to main content
  • Galego Galego
  • Español Español
Galicia en el Mundo | Galicia no Mundo logo
  • Inicio
  • Foros
  • Centros Galegos
  • Altas
Inicio

Efecto Mariposa abre en Lugo el ciclo 40 en XCB que concentra en Galicia lo mejor del pop español

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O grupo Efecto Mariposa será o encargado de abrir o venres, 18 de xuño, en Lugo o programa 40 en XCB (40 en Xacobeo), que impulsado por Xacobeo 2010 e a Cadena 40 Principales traerá a Galicia aos artistas máis notables do pop español. A banda malagueña actuará na Praza de Santa María a partir das 21.30 horas e compartirá escenario co cantautor coruñés Carlos Bau e a banda viguesa Ragdog.

Efecto Mariposa chega a Lugo co galardón á mellor canción nacional do ano 2009, acadado nos Premios 40 Principales polo tema Por quererte, primeiro single do seu sexto álbum, 40:04, e que conseguiu chegar ao número un no célebre listado semanal da canle musical.

Pola súa banda, cunha longa e intensa traxectoria musical, Carlos Bau é un cantautor de A Coruña, que ven de ser galardoado nos Premios da Música na categoría de mellor canción en galego polo seu tema Nada. Do mesmo xeito, compuxo cancións para outros artistas, como Nuria Fergó ou Lydia (actual solista de Presuntos Implicados), ademais de compartir escenario con Antonio Vega ou Rosa Cedrón.

Tamén actuará a banda viguesa de power pop Ragdog, primeiro grupo lanzado polo Sello Espacio Movistar, co seu disco debut distribuído integramente a través de internet, non existindo formato físico do mesmo.

Enmarcado no Camiño da Música da programación de Xacobeo 2010, o programa 40 en XCB, que terá carácter gratuíto en todos os seus concertos e que chegará a catro cidades galegas este verán. A Efecto Mariposa, seguiranlle Macaco en Ourense, Melendi en Santiago, e El Sueño de Morfeo en Pontevedra. Todos eles compartirán escenario con grupos e artistas galegos. Con esta iniciativa, Xacobeo reforza a súa aposta por ofrecer contidos de diferentes estilos para satisfacer as demandas de todo tipo de público.

R.

Notas

  • O Festival Atlántica volve este outono para completar a súa oitava edición
  • O centro de intelixencia artificial do Concello presenta as súas liñas de traballo
  • O Museo de Belas Artes da Coruña presenta a mostra 'Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro'
  • O VIII Festival de Creación Musical Contemporánea de Vertixe Sonora comeza co Ciclo en Ruta
más

Novas

  • O teatro volve da man do Festival Internacional de Teatro en Ourense
  • O CGAI proxecta en novembro un ciclo sobre tres directoras experimentais alemás e a filmografía de Guy Debord
  • Sanidade establece restricións de mobilidade perimetrais nas sete cidades galegas
  • O programa 'Cultura no Camiño+' pecha este ano con 410 actuacións, a cifra máis alta da súa historia
más

Eventos en el mundo

Iniciar sesión

Que é OpenID?
  • Inicio de sesión usando OpenID
  • Cancelar os inicios de sesión OpenID
  • Crear nova conta
  • Solicitar un novo contrasinal

cultura galega

enlaces interes galicia en el mundo

Quien esta conectado

Agora mesmo hai 0 usuarios e %count invitados conectados.

Novos usuarios

  • Loly Pazos
  • manuelguisande
  • carolborrazas
  • Ricardo Jorge A...
  • Maria del Carme...

Galicia Digital | InternetGalicia | Contacto | LOPD | Aviso Legal

  • Fernando
  • Alonso
  • vendo
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información