Pasar al contenido principal
  • Galego Galego
  • Español Español
Galicia en el Mundo | Galicia no Mundo logo
  • Inicio
  • Foros
  • Centros Gallegos
  • Asociaciones
  • Altas
Inicio

Lugo, 'Capital Galega da Literatura de Tradición Oral' a fin de semana do 25 e 26 de outubro

Ambas actividades organizadas pola AELG, coa colaboración respectivamente das áreas de Cultura do Concello e da Deputación, insisten na idea de que Lugo é cidade liberada de prexuízos e reivindica a oralidade como cerna do noso ser cultural.

Distinción de Mestra para a musicóloga suíza, Dorothé Schubart, quen, logo de pasar cinco anos, entre 1978 e 1982, percorrendo Galicia cunha gravadora, deixounos en herdanza a mellor sistematización e transcrición, coa axuda de Antón Santamarina, do corpus das músicas de raíz do noso país, esforzo que se reflicte nos sete tomos publicados pola Fundación Barrié en 1984 baixo o título Cancioneiro Popular Galego. O título de Mestre concedéuselle ao músico, investigador, divulgador e editor, Pablo Quintana, un asturiano afincado desde mozo en Galicia, temporalmente en Lugo, que, ademais de editar O cego andante en 1982, salvou da desmemoria do noso inmaterial, entre outros méritos, as coplas do cego Florencio da Fontaneira e as músicas da pandereteira Eva Castiñeira. Xusto e necesario recoñecemento a dous imprescindibles na historia e transmisión da música tradicional.

O sábado dedicamos a xornada ás letras vinculadas á música popular. Un simposio no que van intervir, por esta orde, José Luis Forneiro, profesor da USC e un dos grandes especialistas no romanceiro galego e ibérico, e Dorothé Schubart, que levará á palestra a relación entre texto e melodía, amais dalgunhas descubertas feitas por ela no traballo realizado entre nós hai xa 40 anos. Ambos partillarán en mesa redonda aberta sobre rimas e melodías.

A sesión da tarde ábrea Xurxo Souto, recoñecido estes días en Láncara co premio Facer País, que nos levará da romaría á festa e da movida ao bravú, un movemento este na música popular galega que botou a andar da década dos 90 con grupos como Os Resentidos ou Os Diplomáticos de Monte-Alto. E rematarán os relatorios, que non a xornada, coa intervención da lucense Branca Villares, profesora da Tradescola que ademais imparte clases de baile, canto e pandeira por centros escolares e a diversos colectivos de toda a provincia; falaranos da pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña luguesa.

E tras a mesa aberta que compartirán Xurxo e Branca, cerrarase a xornada cunha sesión práctica a cargo, precisamente, do profesorado e alumnado da Tradescola de Lugo, un centro de formación de prestixio recoñecido polo respecto que guía o seu labor docente na transmisión de materias como a gaita, requinta, zanfona, acordeón, pandeireta, linguaxe musical ou canto.
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

Notas

  • Máis de 1.600 persoas participaron xa nas actividades de 'Vive o Camiño' na Vía da Prata
  • 'Educar é amar', a conferencia que o experto en Psicoloxía do Liderado Álex Rovira ofrecerá no ciclo 'Educación século XXI'
  • A bailaora e coreógrafa Sara Baras presenta en Ourense a súa última montaxe 'Sombras'
  • Inaugurada na Coruña a mostra 'Luis Seoane' do Museo de Belas Artes da Coruña
más

Noticias

  • Presentado o Festival Novos Cinemas de Pontevedra como altofalante do audiovisual galego e punto de encontro do sector
  • Preto de 20.000 espectadores asistiron as máis de 330 sesións programadas nunha edición de Cineuropa na que triunfaron as películas dirixidas por mulleres
  • O Mapa de Valor da Enogastronomía de Galicia identificará máis de 2.000 recursos de interese na comunidade
  • Presentada unha nova edición do Belén de Begonte e a exposición 'Imaxes e Palabras', con achegas de distintos artistas sobre o evento
más

Eventos en el mundo

Inicio de sesión

¿Qué es OpenID?
  • Entrar usando OpenID
  • Cancelar entrada vía OpenID
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

cultura galega

enlaces interes galicia en el mundo

Quien esta conectado

Actualmente hay 0 usuarios y 72 invitados en línea.

Usuarios nuevos

  • Loly Pazos
  • manuelguisande
  • carolborrazas
  • Ricardo Jorge A...
  • Maria del Carme...

Galicia Digital | InternetGalicia | Contacto | LOPD | Aviso Legal

  • Fernando
  • Alonso
  • vendo
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información