Pasar al contenido principal
  • Galego Galego
  • Español Español
Galicia en el Mundo | Galicia no Mundo logo
  • Inicio
  • Foros
  • Centros Gallegos
  • Asociaciones
  • Altas
Inicio

Notas

  • Máis de 1.600 persoas participaron xa nas actividades de 'Vive o Camiño' na Vía da Prata
    Son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana ata que remate o ano e nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais e que conta cun importante potencial de crecemento. Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé, iniciativas gastronómicas, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos.
  • 'Educar é amar', a conferencia que o experto en Psicoloxía do Liderado Álex Rovira ofrecerá no ciclo 'Educación século XXI'
    Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co seu ciclo de conferencias «Educación século XXI» con novos relatores e temas, consolidando así esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento que inclúan tanto docentes como nais e pais.
  • A bailaora e coreógrafa Sara Baras presenta en Ourense a súa última montaxe 'Sombras'
    A xenial bailaora e coreógrafa Sara Baras é a aposta da programación cultural do Concello de Ourense para esta semana. O sábado, 7 de decembro, ás 21.00 h subirá ao escenario do Auditorio para presentar Sombras, o espectáculo co que vén de triunfar en cidades como Nova York, Londres, París ou Barcelona. A artista gaditana leva máis de 30 anos sobre os escenarios, acadando éxito tras éxito a nivel internacional e reunindo millóns de espectadores.
  • Inaugurada na Coruña a mostra 'Luis Seoane' do Museo de Belas Artes da Coruña
    O discurso expositivo desta mostra, que representa un amplo abanico de temas, técnicas e estilos de Luís Seoane, está dividido en catro grandes bloques temáticos que ocuparon un importante lugar no seu universo iconográfico. O primeiro deles está dedicado á muller galega, o segundo á natureza e á paisaxe, o terceiro á guerra e a denuncia social e o último céntrase nos mitos, tradicións e lendas con referencias a fantasías ou contos populares.
  • Afundación presenta 'Cataventos', un novo ciclo de concertos protagonizado por instrumentos de vento
    Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta unha nova proposta musical na súa sede da Coruña. Nesta ocasión os instrumentos de vento serán os protagonistas no ciclo de concertos denominado «Cataventos» no que participarán o cuarteto de trompas Catrocores (5 de decembro), o quinteto Zoar Ensemble (12 de decembro) e o grupo Hércules Brass (19 de decembro).
  • A Fundación Xosé Neira Vilas presenta un libro e un audiolibro do autor para conmemorar o cuarto cabodano do seu pasamento
    O libro presenta unha biografía do prezado autor cun amplo álbum fotográfico destinado especialmente a dar a coñecer a figura de Neira Vilas ás novas xeracións. Pero ademais, a publicación incorpora un código para acceder a un dos títulos máis destacados do autor, Contos vellos para para rapaces novos, en formato audiolibro. Unha boa forma de achegarse a unha obra na que Neira Vilas recompilou algúns dos contos máis destacados da tradición oral dos cinco continentes.
  • No día contra a violencia machista, Poetas Di(n)versos esculca a masculinidade desde poéticas en romanés e galego
    Este 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres, e tamén se celebra un novo recital do ciclo POETAS DI(N)VERSOS, a programación poética da que trae a Coruña o mellor da poesía galega e do mundo. No Auditorio do Centro Ágora, esta nova lectura pública de poemas reunirá dúas sensibles poéticas formuladas dende o xénero masculino.
  • Expourense reúne a expertos que analizarán as novas formas de comunicar a través da información, a publicidade, o marketing e o deseño
    Ourense converterase un ano máis na capital galega da información, marketing, deseño e publicidade coa celebración do Foro da Comunicación de Galicia chega a súa sétima edición consolidado xa como un punto de encontro de referencia para os profesionais galegos vencellados a estes sectores. Esta cita celebrarase o venres 29 de novembro en Expourense.
  • A danza contemporánea encherá Ourense de actividades coa cuarta edición do Festival SoloDOS
    A cidade de Ourense converterase un ano máis en referente da danza contemporánea coa 4º edición de SóloDOS en Danza. O certame desenvolverase o xoves 21 até o sábado 23 de novembro, cunha chea de actividades que lle achegarán a danza contemporánea a todo tipo de públicos. Esta edición contará con artistas de Galicia, País Vasco, Madrid, Cataluña, Asturias, Valencia, Santander, Zaragoza, Granada, Costa Rica, Ucraína, Chile, Ecuador e Arxentina entre outros.
  • Cineuropa proxecta dúas esperadas películas galegas e programa mesas redondas sobre Jonas Mekas, os festivais de cinema e a dirección de fotografía
    O festival Cineuropa entra na súa terceira semana, na que acollerá a chegada á pantalla grande de dúas agardadas longametraxes galegas, 'Longa Noite' e 'Eroski Paraíso'. O festival abrirá espazos de diálogo en torno ao cinema con mesas redondas que achegarán a obra do director underground Jonas Mekas; a realidade dos festivais de cinema e o traballo que se fai dende a dirección de fotografía.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Eventos en el mundo

Inicio de sesión

¿Qué es OpenID?
  • Entrar usando OpenID
  • Cancelar entrada vía OpenID
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

cultura galega

enlaces interes galicia en el mundo

Quien esta conectado

Actualmente hay 0 usuarios y 51 invitados en línea.

Usuarios nuevos

  • Loly Pazos
  • manuelguisande
  • carolborrazas
  • Ricardo Jorge A...
  • Maria del Carme...

Galicia Digital | InternetGalicia | Contacto | LOPD | Aviso Legal

  • Fernando
  • Alonso
  • vendo
Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información